Persoas

Nuestro principal activo

No Grupo Nueva Pescanova somos conscientes de que as nosas persoas son o principal activo da nosa compañía. Con máis de 10 000 traballadores en catro continentes, apostamos firmemente polo traballo en equipo e por unha xestión do talento flexible, onde potenciamos as carreiras internacionais e que permita desenvolvernos como persoas.

Traballar en Nueva Pescanova é aprender no posto de traballo, ser áxil e adaptarse á contorna cambiante do mercado internacional dos produtos do mar.

Cremos na xestión por obxectivos e buscamos sempre o mellor dos nosos equipos, cremos na meritocracia e recompensamos a todos os nosos traballadores en función dos seus resultados.