Política de Privacidade

1. Responsable do tratamento

O responsable do tratamento correspóndese co do titular do sitio web, cuxos datos completos son: Nueva Pescanova, S.L., con CIF B94123908 e domicilio en Rúa José Fernández López, s/n. 36320. Chapela. Redondela. Pontevedra (España).

2. Datos tratados, finalidades e prazo de conservación

2.1 Datos tratados: para os efectos da solicitude de información ou de contacto co titular, a subscrición nos nosos boletíns ou newsletters, ou por un eventual proceso de selección, ben convocado ou por unha candidatura espontánea presentada polo usuario, deberanse facilitar uns datos cubrindo os formularios dispostos, nos que se indicarán cales deles teñen o carácter de obrigatorio.

Durante a navegación, poderán facilitarse datos como a dirección IP asignada polo seu provedor ou determinados perfís sociais asociados ao usuario.

2.2 Finalidades: As finalidades serán as seguintes

  1. Contacto: o correo electrónico ou o teléfono facilitado para o contacto, serán utilizados para unha efectiva contestación ás cuestións expostas.
  2. Remisión de currículos: o envío dos datos curriculares serán utilizados para a súa utilización en procesos de selección, presentes e futuros, aínda que o titular se reserve o dereito para eliminar directamente a información facilitada.

2.3 Conservación. O prazo de conservación será o seguinte

  1. Contacto: os datos serán borrados unha vez que se deu curso e se respondeu á cuestión exposta polo usuario.
  2. Remisión de currículos: os datos serán tratados, desde a súa recepción, por un período de dous anos, salvo que o usuario faga chegar antes a súa solicitude de cancelación.

3. Ejercicio de dereitos

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación acerca de se se está procedendo ao tratamento de datos persoais que lles concirnan, ou non. As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos.

En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos ou opoñerse ao tratamento destes, nese caso unicamente os conservaremos para o exercicio ou a defensa de reclamacións.

Para iso, os usuarios poderán dirixir unha comunicación por escrito a, Comité de Protección de Datos e Privacidade de Grupo Nueva Pescanova por algunha das dúas seguinte vías: (i) Mediante correo electrónico ao enderezo comite.datos.privacidad@nuevapescanova.com; ou (ii) Por carta a Rúa José Fernández López, S/n. 36320. Chapela. Redondela. Pontevedra (España)

No caso de que desexa exercer o dereito de portabilidade, facilitarase eses datos ao novo Responsable.

4. Lexitimación do tratamento

A base legal para o tratamento dos datos facilitados é o consentimento outorgado polo usuario para o tratamento dos seus datos persoais para ou un ou varios fins específicos, así como para a execución dun contrato no que o usuario é parte, ou para a aplicación de medidas precontractuais. O consentimento será sempre revogable e poderá exercerse en calquera momento.

5. Destinatarios e cesións

Os datos non serán obxecto de cesión nin se realizarán transferencias internacionais. No caso da información curricular, co obxectivo de ampliar as posibilidades de contratación do candidato, Nueva Pescanova, S.L., poderá ceder a información a outras empresas, pero exclusivamente ás pertencentes ao GRUPO NUEVA PESCANOVA.