Pescamos

Máis de 60 barcos no Hemisferio Sur

Desde 1961 sucamos os mares en busca dos mellores caladoiros do mundo. Fomos pioneiros coa construción do primeiro buque en incorporar a tecnoloxía de conxelación a bordo. Seguíronlle outros, que no seu momento foron os maiores barcos conxeladores do mundo, e pioneiros no procesado de peixe en alta mar.

Actualmente, a nosa frota está composta por máis de 60 buques, tanto conxeladores como fresqueiros, que pescan nos principais caladoiros do hemisferio sur, capturando e seleccionando as mellores especies mariñas. Arrastreiros, tangoneiros, poteiros e palangreiros especializados na pesca de pescada, rosada e rape en Namibia, lagostino en Mozambique, gamba vermella en Angola, gamba vermella arxentina, pescada negra, tamén coñecida como toothfish, pota e escacho en Arxentina e Uruguai, entre outros.

Renovamos a nosa frota

O noso claro compromiso coa Innovación e a mellora constante en todos os nosos focos de actividade motivou a renovación de parte da frota coa construción de 7 novos buques: 3 para Namibia e 4 para Mozambique.

América

ARGENOVA

Posúe unha das maiores frotas do Grupo e entre os produtos que pesca atópase a gamba vermella arxentina, a pota e a pescada negra, tamén coñecida como toothfish ou chilean seabass.

Comezou as súas operacións hai 30 anos, con base en Puerto Deseado, provincia de Santa Cruz, na Patagonia arxentina, onde conta cunha planta de proceso e un frigorífico. Conta ademais cunha frota composta por 16 buques, dos cales doce son tangoneas, dous poteiros, un arrastreiro e un palangreiro.

BELNOVA

Con sede no Uruguai, Belnova pesca e procesa produtos do mar desde hai máis de 40 anos. Os seus buques procesadores operan nas augas do Uruguai, liderando a industria pesqueira local.

Entre os produtos que pesca atópanse especies como a pescada hubbsi, castañeta, escacho ou pota, entre outros.

África

MARNOVA

Situada en Benguela (Angola), é unha das pesqueiras do Grupo no continente africano e está especializada na captura de gamba vermella, gamba branca e cangrexo, entre outras especies.

NOVANAM

Os seus barcos fresqueiros descargan nos peiraos namibios fundamentalmente pescada, aínda que tamén se procesa e comercializa o ‘bycatch’, integrado na súa maioría por rape, palometa ou rosada. Conta con dúas fábricas en Namibia, unha en Walvis Bay e outra en Lüderitz; esta última é o maior centro de procesado de pescada de toda África.

PESCAMAR

Situada en Beira (Mozambique), posúe a maior frota pesqueira do Grupo, sumando máis de 30 barcos. Iniciou a súa actividade en 1980 e está especializada na pesca de diversas especies de lagostino, fundamentalmente tigre, banana, Brown, marfil e jumbo.