Cultivamos

7.000 hectáreas de Acuicultura

Conscientes de que os recursos do mar son limitados e que para preservalos para o gozo das futuras xeracións deben gozar dunha especial protección por parte de todos os sectores implicados, o Grupo Nueva Pescanova traballa no campo da acuicultura.

Dispoñemos dunha superficie de aproximadamente 7.000 hectáreas (equivalente a cerca de 10.000 campos de fútbol) dedicadas ao cultivo de diferentes especies.

Ademais, contamos cun dos centros de I+D+i de referencia internacional en acuicultura: o Pescanova Biomarine Center. Localizado no Grove (Galicia, España), nel investigamos para mellorar no cultivo das especies mariñas comerciais en cuestións de xenética, nutrición, manexo e saúde.

I+D+i

O Pescanova Biomarine Center é o noso centro de I+D+i en acuicultura. Aquí contamos cun equipo de investigadores que traballa orientado ao estudo da xenética, nutrición, saúde e benestar animal.

Entre outros, no Pescanova Biomarine Center enfocámonos no desenvolvemento de novas especies de cultivo como o polbo e a mellora de especies como o rodaballo ou o lagostino vannamei.

Cultivamos

Lagostino
Vannamei

O Grupo Nueva Pescanova é un dos maiores produtores mundiais de lagostino vannamei con 60.000 toneladas anuais. A nosa produción concéntrase en América Latina (Nicaragua, Ecuador e Guatemala).

Unha das nosas características máis representativas é que integramos todas as actividades da cadea de valor deste produto, desde a produción de larvas selectas ata a cocción dos produtos terminados que se poden atopar nos supermercados. Grazas a esta integración temos absoluta rastrexabilidade e garantía de calidade de cada un dos produtos elaborados.

Levamos anos analizando miles de animais, seleccionando os mellores reprodutores que se dedicarán á produción de larvas. O proceso continúa coa “sementeira” das larvas e o seu engorde en condicións ambientalmente sustentables ata a súa “colleita”, que se procesan nas nosas propias plantas.

Tanto o cultivo como as plantas contan coas máis esixentes certificacións que acreditan a bondade das prácticas empregadas. No caso do cultivo, préstase especial atención á sustentabilidade e ás condicións de seguridade e laborais de todas as persoas que interveñen no proceso. No caso das plantas, os requisitos de hixiene e seguridade alimentaria son a nosa principal preocupación, xunto coas mellores condicións de traballo dos nosos colaboradores.

CAMANICA

Está especializada no cultivo e procesamento de lagostino vannamei. Situada en Nicaragua, conta con ao redor de 4.500 hectáreas de cultivo situadas no Estero Real e uns 2.000 colaboradores traballando na compañía. Posúe o maior centro de produción de larvas de Centroamérica, cunha produción de hasta 600 millóns mensuais. A súa planta procesadora pode elaborar ata 30.000 toneladas ao ano. Camanica é, con moita diferenza, a maior empresa dedicada ao cultivo de lagostinos do país.

PROMARISCO

Rodaballo

Nueva Pescanova é un dos principais produtores de rodaballo do mundo. A nosa empresa Insuíña, en España, está especializada na cría, engorde e procesado de rodaballo. Para iso localizou as súas instalacións en Galicia, lugar orixinario desta especie e onde se atopan as mellores augas e condicións ambientais para a súa produción.

INSUIÑA-MOUGÁS

Insuíña Mougás está situada en Oia (Pontevedra-España). É o lugar onde btemos as crías de rodaballo dos reprodutores selectos, que se crían durante uns meses para logo levalos ás instalacións de Insuíña-Xove (Lugo-España) para o seu engorde.

INSUIÑA-XOVE

Situada en Lugo (España), as súas instalacións están compostas por 900 tanques para o engorde de rodaballo e teñen unha superficie total de 63.000 metros cadrados. A capacidade de produción desta planta alcanza as 3.400 toneladas anuais. Desde alí mesmo saen, coa máxima frescura, os peixes procesados ese mesmo día cara a todos os mercados onde comercializamos este produto.