Nueva Pescanova registra un Programa de Pagarés en el MARF de 50 millones de euros
10 Maio, 2021
Nueva Pescanova asegurará la trazabilidad de sus productos con IBM Food Trust, contribuyendo a la sostenibilidad de los océanos
8 Xuño, 2021

Unha alumna viguesa gana o concurso de Nova Pescanova “Grumetes polo futuro do mar”

  • Coa iniciativa, á que se presentaron 400 nenos de entre 8 e 12 anos de toda Galicia, a compañía conmemora o Día das Letras Galegas.
  • Cayetana Alonso, alumna de 6.º de educación primaria do Colexio San Miguel II de Vigo, resultou gañadora co seu relato poético “A viaxe dunha botella”.
  • Iria Mei Blanco (6.º EP – CEIP Mestre Vide de Ourense) e Sara Antía Fernández (6.º EP – CRP San José-Josefina de Ourense) foron as dúas finalistas por “A tartaruga Balula” e “Robinsón Crus-oil”, respectivamente.

Vigo, 16 de maio  de 2021 .- Cayetana Alonso, alumna de 6.º de educación primaria (E.P.) do Colexio San Miguel II de Vigo, foi a gañadora de “Grumetes polo futuro do mar”, o primeiro concurso de relato  infantil en galego organizado polo Grupo Nova Pescanova para conmemorar o 17 de maio, Día das Letras Galegas. A través desta iniciativa, a compañía busca favorecer a concienciación entre os máis novos da importancia de coidar os océanos, mares, así como dos recursos mariños.

“A viaxe dunha botella” é o conto escrito por Cayetana Alonso, que en forma de poesía explica a travesía polo mar dunha botella reciclable, á que dota de personalidade e que, ao longo do seu percorrido, se atopa con todo tipo de especies mariñas, e dáse conta de que ese non ten que ser o seu fogar. O xurado valorou a concienciación sustentable, a creatividade do relato, así como a súa expresión e o bo uso da lingua galega.

As dúas finalistas de “Grumetes polo futuro do mar” foron Iria Mei Blanco (6.º de E.P. no CEIP Mestre Vide de Ourense) con “A tartaruga Balula” e Sara Antía Fernández (6.º de E.P. no CPR San José-Josefina de Ourense) con “Robinsón Crus-oil”.

No concurso participaron preto de 400 nenos de entre 8 e 12 anos, procedentes de 60 centros educativos das catro provincias galegas. Os relatos foron valorados por un xurado composto polas direccións corporativas de Comunicación e Relacións Institucionais e a de Responsabilidade Social Corporativa do Grupo Nova Pescanova, así como pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e o Foro Enrique Peinador.

Ignacio González, CEO do Grupo Nova Pescanova, destacou “a alta sensibilización que os nenos teñen sobre a importancia de preservar a nosa contorna mariña como única vía para garantir o futuro das especies. Esta responsabilidade é compartida coa compañía e evidénciase coa nosa contribución aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS)”. Ademais, destacou a implicación dos centros educativos, que animaron o alumnado para reflexionar sobre que podemos facer hoxe para preservar os nosos mares e océanos no futuro, unha iniciativa coa que continuaremos a través da posta en marcha de diferentes concursos para xente nova de toda España.

Contacto

Tesa Díaz-Faes
Directora Corporativa de Comunicación y
RRII de Grupo Nueva Pescanova
Tel. +34 986 818 100
Paloma Fernández
LLYC
Tel. +34 91 563 77 22 (ext. 2111)