Aviso Legal

1. Identificación do titular

Información sobre o titular do sitio web corporativo “www.nuevapescanova.com”, para os efectos previstos no artigo 10 da Lei de servizos da sociedade da información e comercio electrónico e no art. 11 bis da Lei de sociedades de capital, segundo consta en escritura notarial de constitución rexistrada no Rexistro Mercantil de Pontevedra, no folio 40 do libro 4054 de sociedades, inscrición 1.ª da folla número PO-58757:

  • NUEVA PESCANOVA, S.L.
  • CIF/NIF: B94123908
  • Domicilio social: Rúa José Fernández López, S/n. 36320. Redondela. Pontevedra (España).
  • Teléfono: 986818100
  • Fax: 986818393

2. Obxecto

As presentes condicións regularán o uso que o titular pon ao dispor dos usuarios da web, as cales poderán ser modificadas sen aviso previo, de maneira que se recomenda a súa consulta periódica, máis aínda cando se dispoña a facer un uso efectivo de produtos e/ou servizos.

3. Condicións de acceso e uso

O acceso á web é libre e atribúelle a quen o realiza a condición de usuario, quen poderá acceder aos contidos ou mesmo poñerse en contacto cos seus administradores.

O usuario debe pois, ler, entender e aceptar as presentes condicións de uso antes de proceder á navegación e/ou uso dos servizos, o que supoñerá a súa expresa aceptación e adhesión a estas nos termos e condicións que se expresan a continuación: i) Compromiso de uso dilixente dos recursos, con estrito cumprimento da lexislación vixente, con respecto aos bos costumes e á “netiqueta”, é dicir, ao conxunto de normas de comportamento xeral na Internet; ii) O usuario aceptará os termos e condicións ou bases de participación dun servizo ou recurso concreto cando estas fosen necesarias, o que será explicitamente requirido no seu caso e; iii) Non poderá facer uso da web fóra dos termos aceptados polas presentes condicións de uso, concretamente para fins ilícitos, contrarios á moral ou á orde pública en calquera das súas expresións, ou constitutivas de delito.

De igual maneira, en caso de permitirse comentarios ou entradas de opinións, o titular non se responsabilizará en ningún caso das opinións vertidas por terceiros, aínda que se reserva o dereito para retirar ou mesmo non publicar aqueles que resulten ofensivos ou inapropiados ou, na súa falta, cando tivese coñecemento efectivo do contido do publicado.

4. Propiedade Intelectual e Industrial

O titular posúe todos os dereitos sobre a web, o seus logos, estrutura, imaxes e elementos constitutivos do código obxecto, así como a programación e enxeñería do código fonte. Todos estes elementos, ademais das publicacións incluídas están protexidos pola normativa española e europea sobre propiedade intelectual e industrial.

Queda prohibida calquera reprodución, adaptación, modificación ou comunicación pública da totalidade ou parte dos contidos da web, efectuada de calquera forma ou por calquera medio, mecánico, manual ou outro, sen a autorización expresa do titular.

Calquera ligazón realizada á web haberá de dirixirse á “home” ou páxina de inicio, prohíbese a realización de ligazóns profundas ou dirixidas a outros contidos distintos do mencionado. De igual maneira queda prohibida a práctica de navegación sobre marcos ou “frames”.

5. Protección de datos de carácter persoal

O titular adoptou todas as medidas de seguridade, tanto técnicas como organizativas, esixidas pola normativa en protección de datos, máis concretamente segundo a Lei orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal e o Regulamento 2016/679 europeo de protección de datos.

Poderá atoparse toda a información a este respecto no apartado denominado Política de Privacidade.

6. Lexislación e xurisdición aplicable

As presentes condicións xerais quedan suxeitas ao ordenamento xurídico español, sometendo calquera controversia aos xulgados e tribunais da cidade de Vigo, con renuncia a calquera outro foro xeral ou especial que lles puidese corresponder.