Contacto
Directora Corporativa de Comunicación y
RRII de Grupo Nueva Pescanova
Tel. +34 986 818 100
LLYC
Tel. +34 91 563 77 22 (ext. 2111)
Vigo, 10 de marzo de 2021.- O Grupo Nueva Pescanova acaba de convocar o primeiro concurso de relato infantil en galego. “Grumetes polo futuro do mar” é unha iniciativa que persegue dous obxectivos: favorecer a concienciación sostible respecto á importancia de coidar os nosos océanos, mares e recursos mariños, así como promover o uso da lingua galega entre as xeracións máis novas.
Con este concurso, a compañía convida a escolares residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos a compartir as súas reflexións a través dun relato dunha páxina de extensión, aproximadamente. Os participantes poderán enviar as súas creacións ó correo electrónico comunicacion@nuevapescanova.com ata o 25 de abril.
Un xurado, composto por membros das direccións corporativas de Comunicación e Relacións Institucionais e de Responsabilidade Social Corporativa do Grupo Nueva Pescanova, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e o Foro Enrique Peinador, valorará os textos recibidos en función da creatividade e orixinalidade dos mesmos, así como do uso adecuado da lingua galega.
Entre todos os relatos escollerase a un gañador e a dous finalistas, que a compañía dará a coñecer coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, como homenaxe á creación literaria nesta lingua. O gañador recibirá unha tablet e os dous finalistas un lote de produtos Pescanova.
O Grupo Nueva Pescanova, dedicado á pesca, cultivo, elaboración e comercialización de produtos do mar, mantén un firme compromiso coa xestión responsable dos recursos naturais e coa protección dos ecosistemas acuáticos e do medio ambiente. De feito, foi recoñecida como a empresa pesqueira do mundo con maior contribución ós Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ( ODS) das Nacións Unidas segundo o Seafood Stewardship Index elaborado pola Alianza Mundial de Referencias Comparativas (World Benchmarking Alliance).
A compañía emprega a máis de 10.000 persoas en 19 países de 4 continentes e vende os seus produtos en máis de 80 países de todo o mundo.
Descargar aquí: Bases do concurso e Formulario de Autorización
Contacto