Ignacio González Hernández

Conselleiro


Ignacio González é licenciado en Ciencias Empresariais por ICADE.

Iniciou a súa traxectoria profesional en Centros Comerciais Continente. En case dúas décadas de dedicación ao Grupo Carrefour, e tras ocupar distintas posicións no ámbito de Márketing, Compras e Comercial, chegou ao Comité Executivo Mundial da multinacional francesa, onde asumiu a Dirección de Compras do Grupo e a Dirección Comercial de Francia.

Posteriormente, incorpórase ao Grupo Campofrío, no que ocupa dous postos de máxima responsabilidade: CEO de Campofrío España e xeral manager Southern Europe (Spain, Italy, Portugal) & USA de Campofrío Food Group (de abril do 2013 a xaneiro de 2016), onde se responsabiliza do agrupación industrial Sur de Europa e USA.

Desde febreiro de 2016 é conselleiro delegado (CEO) de Nueva Pescanova S.L. e conselleiro do Consello de Administración.

É, ademais, presidente de ECOEMBES, entidade sen ánimo de lucro dedicada á reciclaxe de envases e embalaxes, desde decembro de 2012. Tamén é vicepresidente de AECOC.