A nosa historia

Referentes desde 1960

2015

Nace o Grupo Nueva Pescanova

  • O Grupo Nueva Pescanova nace en 2015, tras un proceso de refundación societaria de Pescanova S.A. O resultado é unha compañía nova, que herda a historia e logros da súa predecesora, que conta con todos os seus activos e medios materiais e persoais e que renace como Nueva Pescanova, S.L. cun proxecto ilusionante de crecemento e innovación.

2016

  • Incorporación do novo CEO e creación do Consello.
  • Posta en marcha do Plan Estratéxico 2016-2020.
  • Aprobación do código ético.

2017

  • Ampliación de capital.
  • Inversión de 42,5 millóns de euros na construción de novos barcos para Namibia e Mozambique.
  • Aprobación do proxecto para a construción do Pescanova Biomarine Center.
  • Posta en marcha do proxecto LegoNova e implantación de SAP cun presuposto de 9 millóns de euros.
  • Lanzamento de novos packs e produtos.

2018

  • Ampliación de capital do 15% ao 45% na compañía Abad Overseas con tres plantas procesadoras de lagostino no sureste de India.
  • Compra da sociedade Unickfish en Sudáfrica de venta de retail.
  • Relanzamento da icona Rodolfo Langostino cunha nova gama de lagostinos conxelados e refrixerados.

2019

  • Entrega do primeiro dos buques da nova frota: o Lalandii 1, destinado á pesca de pescada en Namibia.
  • Peche, por primeira vez na historia, do ciclo de reprodución do polbo en acuicultura por investigadores do Grupo Nueva Pescanova.
  • Inicio da transición enerxética nas fábricas do Grupo coa instalación da primeira planta solar fotovoltaica en Namibia.
  • Estrea do documental “La Ciudad que Nació del Mar”, que lle dá visibilidade ao labor de RSC da compañía a través do exemplo de desenvolvemento da cidade de Lüderitz (Namibia).
  • A compañía é recoñecida como a primeira empresa pesqueira do mundo pola súa contribución aos ODS.

2020

Nueva Pescanova- Consejo 2020. 1
Ponta Matirre (foto de equipo)
Namibia-Novanam Two 2
  • ABANCA convértese no accionista maioritario do Grupo.
  • Renovación do Consello de Administración e nomeamento de José María
    Benavent como presidente executivo.
  • Entrega do “Ponta Matirre”, “NovaNam One” e “NovaNam Two”, novos
    buques para a renovación da frota en Namibia e Mozambique.
  • Adhesión aos Principios para un Océano Sostible da ONU.
  • Firma da Declaración de Líderes Empresariais para a Cooperación
    Global das Nacións Unidas.

2021

Acto-firma-de-acuerdo-con-Microsoft
edf-solar-instalacion-autoconsumo-fotovoltaico-pescanova-porrino-05-5
default
  • O Grupo aproba unha capitalización de deuda por valor de 542,2 millóns de euros, desfacéndose da deuda herdada.
  • Entrega do “Ponta Macalonga” e “Ponta Timbue”, novos buques para a pesca de lagostino en Mozambique.
  • Peche dun acordo con Microsoft para avanzar en materia de acuicultura 4.0.
  • Presentación de PeZcado Capital, o primeiro restaurante virtual do Grupo.
  • Instalación dun total de sete plantas fotovoltaicas en España e Namibia.
  • Colaboración con Repsol para incorporar un novo sistema de xestión enerxética en acuicultura.
  • Adhesión á rede IBM Food Trust para garantir a trazabilidade dos produtos.
  • Lanzamento de “La Pasta del Mar” xunto ao chef Ángel León.
  • Aposta polo e-commerce co lanzamento dunha tenda online.

A grande historia de Pescanova

OS 60

O nacemento dunha nova era na industria pesqueira.
Nace Pescanova.

  • Pescanova naceu en 1960 en Vigo baixo unha pregunta: poderíase capturar o peixe e transportalo desde puntos afastados sen que se deteriorase nos longos meses de travesía
  • Constrúe en 1961 o “Lemos”, o PRIMEIRO BUQUE CONXELADOR DO MUNDO, que empeza a sucar mares revolucionando a industria pesqueira a nivel mundial.
  • Con poucos meses de diferenza, Pescanova bota outros barcos: “Andrade”,“Pambre”, “Doncos”, “Soutomaior” e “Sobroso”. Os buques conxeladores posibilitaron o descubrimento dasmellores pesqueiras do hemisferio sur. A súa evolución propiciou o maior desenvolvemento mundial da industria pesqueira.
  • En 1963 constrúense dous rampleiros: o “Vimianzo” e o “Villalba”, os primeiros buques de España que no canto de pescar por un costado o fan por popa. Unha nova revolución que aumenta a capacidade pesqueira de Pescanova.
  • Pescanova instálase en Chapela (Pontevedra) tras a compra da empresa COPIBA, que secaba e almacenaba bacallau e transformouse en cámaras frigoríficas e área de elaboración, onde se envasaban os filetes de pescada en bolsas comerciais sen desconxelar e estableceuse unha área de produción de toros de pescada, serrando os bloques conxelados a bordo.
  • A finais dos anos 60, Pescanova xa tiña 100 barcos pescando en diversos lugares do mundo.

OS 70

A consolidación e desenvolvemento noutros países

  • Pescanova desenvolve a principal rede loxística de conxelados en España con 60 camións frigoríficos e 100 isotérmicos, que permiten distribuír os produtos por toda España.
  • Anos de expansión internacional, nos que se introduce en diferentes rexións, investindo e creando nelas compañías que axudan ao desenvolvemento das súas comunidades locais.
  • Pescanova convértese no maior armador de occidente, situando a Galicia e a España á cabeza da industria pesqueira do mundo.
  • Nace a icona da compañía e icona publicitaria, Rodolfo Lagostino.
  • Nace o reclamo que identificará posteriormente durante anos a marca Pescanova: “O bo sae ben”.

OS 80

O desenvolvemento lexislativo e a contribución local

  • Acceso a novas augas, estendendo a actividade pesqueira mediante a fundación de empresas en Chile, Arxentina, Australia etc.
  • Participación activa na creación dun marco xurídico para a industria pesqueira en España coa fórmula das empresas mixtas.
  • Os nosos produtos empezan a conquistar mercado en Francia e Portugal, onde se crean filiais.
  • Construción de dúas fábricas para o procesamento de peixe e produtos preparados e precociñados en Pontevedra e A Coruña.
  • Primeiros pasos en acuicultura.

OS 90

A aposta pola sustentabilidade e a acuicultura

  • Forte aposta pola acuicultura cos cultivos de salmón en Chile, de lagostino no sur e de rodaballo no norte de España.
  • Creación de NovaNam Ltd. en Namibia, maior fábrica de procesado de pescada en África e mellor exemplo de apoio e desenvolvemento ás comunidades locais.
  • Pescanova comeza a súa andaina en Italia e EUA.
  • A icona publicitaria Capitán Pescanova irrompe nos fogares como prescritor da marca.
  • Creación doutra icona publicitaria, o Grumete Pescanova.

De 2000 a 2013

  • Potenciación da acuicultura co desenvolvemento e procesado de lagostino vannamei en Nicaragua, Honduras, Guatemala e Ecuador, mediante a compra de diversas sociedades cultivadoras.
  • Consolidación do modelo de integración vertical da compañía: pescamos, cultivamos, transformamos e comercializamos.