Cultivamos

7.000 hectáreas de Acuicultura

Conscientes de que os recursos do mar son limitados e que para preservalos para o gozo das futuras xeracións deben gozar dunha especial protección por parte de todos os sectores implicados, o Grupo Nueva Pescanova traballa no campo da acuicultura.

Dispoñemos dunha superficie de aproximadamente 7.000 hectáreas (equivalente a cerca de 10.000 campos de fútbol) dedicadas ao cultivo de diferentes especies.

Ademais, contamos cun dos centros de I+D+i de referencia internacional en acuicultura: o Pescanova Biomarine Center. Localizado no Grove (Galicia, España), nel investigamos para mellorar no cultivo das especies mariñas comerciais en cuestións de xenética, nutrición, manexo e saúde.

I+D+i

O Pescanova Biomarine Center é o noso centro de I+D+i en acuicultura. Aquí contamos cun equipo de investigadores que traballa orientado ao estudo da xenética, nutrición, saúde e benestar animal.

Entre outros, no Pescanova Biomarine Center enfocámonos no desenvolvemento de novas especies de cultivo como o polbo e a mellora de especies como o rodaballo ou o lagostino vannamei.

Cultivamos

Lagostino
Vannamei

O Grupo Nueva Pescanova é un dos maiores produtores mundiais de lagostino vannamei con 60.000 toneladas anuais. A nosa produción concéntrase en América Latina (Nicaragua, Ecuador e Guatemala).

Unha das nosas características máis representativas é que integramos todas as actividades da cadea de valor deste produto, desde a produción de larvas selectas ata a cocción dos produtos terminados que se poden atopar nos supermercados. Grazas a esta integración temos absoluta rastrexabilidade e garantía de calidade de cada un dos produtos elaborados.

Levamos anos analizando miles de animais, seleccionando os mellores reprodutores que se dedicarán á produción de larvas. O proceso continúa coa “sementeira” das larvas e o seu engorde en condicións ambientalmente sustentables ata a súa “colleita”, que se procesan nas nosas propias plantas.

Tanto o cultivo como as plantas contan coas máis esixentes certificacións que acreditan a bondade das prácticas empregadas. No caso do cultivo, préstase especial atención á sustentabilidade e ás condicións de seguridade e laborais de todas as persoas que interveñen no proceso. No caso das plantas, os requisitos de hixiene e seguridade alimentaria son a nosa principal preocupación, xunto coas mellores condicións de traballo dos nosos colaboradores.

CAMANICA

Está especializada no cultivo e procesamento de lagostino vannamei. Situada en Nicaragua, conta con ao redor de 4.500 hectáreas de cultivo situadas no Estero Real e uns 2.000 colaboradores traballando na compañía. Posúe o maior centro de produción de larvas de América, cunha produción de 600 millóns mensuais. A súa planta procesadora pode elaborar ata 30.000 toneladas ao ano. Camanica é, con moita diferenza, a maior empresa dedicada ao cultivo de lagostinos do país e responsable de máis do 50% da produción e exportacións de lagostinos de Nicaragua.

NOVAGUATEMALA

É unha empresa dedicada fundamentalmente ao procesado de produtos de alto valor engadido baseados en lagostino na súa planta de Champerico, departamento de Retalhuleu (Guatemala). Novaguatemala ten dúas leiras dedicadas ao cultivo intensivo de lagostino vannamei que suman unha extensión de 141 hectáreas. A súa especialidade é a elaboración de produtos complexos como lagostinos pelados, empanados, espetadas ou ebi sushi.

PROMARISCO

Rodaballo

Nueva Pescanova é un dos principais produtores de rodaballo do mundo. A nosa empresa Insuíña, en España, está especializada na cría, engorde e procesado de rodaballo. Para iso localizou as súas instalacións en Galicia, lugar orixinario desta especie e onde se atopan as mellores augas e condicións ambientais para a súa produción.

INSUIÑA-MOUGÁS

Insuíña Mougás está situada en Oia (Pontevedra-España). É o lugar onde btemos as crías de rodaballo dos reprodutores selectos, que se crían durante uns meses para logo levalos ás instalacións de Insuíña-Xove (Lugo-España) para o seu engorde.

INSUIÑA-XOVE

Situada en Lugo (España), as súas instalacións están compostas por 900 tanques para o engorde de rodaballo e teñen unha superficie total de 63.000 metros cadrados. A capacidade de produción desta planta alcanza as 2.800 toneladas anuais. Desde alí mesmo saen, coa máxima frescura, os peixes procesados ese mesmo día cara a todos os mercados onde comercializamos este produto.