Elaboramos

Apostamos pola Calidade

O Grupo Nueva Pescanova elabora os seus produtos en 17 plantas de transformación repartidas en dez países de África, Asia, América e Europa.

As fábricas do Grupo Nueva Pescanova integran as máis avanzadas tecnoloxías e os procesos de mellora continua, a calidade e a innovación aspectos clave no desenvolvemento da nosa estratexia industrial.

Langostino

CENTRO INDUSTRIAL ARTEIXO

O Centro Industrial Arteixo, na Coruña (España), está especializado na cocción de produtos do mar como lagostino vannamei e gamba vermella arxentina, entre outros. A súa capacidade produtiva é de 15 000 t anuais.

CAMANICA

Situada en Nicaragua, procésase lagostino vannamei, cunha capacidade de 12 000 t. Nela prepárase e conxélase, para ser posteriormente trasladado directamente a clientes ou aos distintos cocedoiros do Grupo en Europa (España e Francia). Camanica conta, ademais, cunha granxa de cultivo de lagostino vannamei de 4.500 hectáreas.

NUEVA PESCANOVA FRANCIA

Conta con dúas fábricas de cocción de lagostino, gamba vermella arxentina, e crustáceos, situadas en Boulogne-Sur-Mer e en Lorient. Ten unha capacidade de 7.000 t cada unha.

NOVAGUATEMALA

Situada na rexión de Champerico (Guatemala), está especializada no procesado de lagostino e conta cunha capacidade de produción de 5.000 t anuais. Ademais, nela prepáranse outros produtos de alto valor engadido, como aneis, EBI Sushi, mariñados e prefritidos.

PROMARISCO

Situada en Guayaquil (Ecuador), Promarisco procesa lagostino vannamei, cunha capacidade de produción de 90.000 t anuais. Nesta factoría clasifícase, prepárase e conxélase o produto cultivado nas súas plantas acuícolas.

ARGENOVA

En Argenova, a nosa filial na Arxentina, o Grupo conta cunha planta de proceso dedicada á elaboración de produtos con base no toothfish (pescada negra) e con potencial para o procesado de gamba vermella arxentina.

Mariscos

EIRANOVA

Situada en Irlanda, procesa diversos produtos do mar, fundamentalmente mariscos, como camarón, nécora, lagostino, vieira ou lumbrigante, entre outras especies.

Pescada

NOVANAM

O Grupo Nueva Pescanova conta con dúas fábricas en Namibia: unha en Lüderitz, onde se atopa a maior fábrica de procesado de pescada de toda África, así como o ‘bycatch’, integrado na súa maioría por rape, palometa ou rosada. En Walvis Bay procesamos o peixe procedente da nosa frota conxeladora.

Bacallau

CENTRO INDUSTRIAL PATERNA

Situado en Valencia, está especializado na produción de bacallau, nas súas distintas elaboracións (salgado, seco e conxelado).

Rodaballo

INSUIÑA-XOVE

Situada na provincia de Lugo (Galicia) está especializada na produción de rodaballo, cunha capacidade de 2.800 t anuais. Nas súas instalacións tamén se cultiva esta especie, nunha superficie de 63 000 metros cadrados.

Cefalópodos

CENTRO INDUSTRIAL CATARROJA

Situado en Valencia (España) procesa fundamentalmente cefalópodos, como sepia, lura, luriña, vaina ou manto de potón, entre outros, e ten unha capacidade de produción de 15 000 t anuais.

NOVAPERÚ

Situada en San Juan de Miraflores (Lima, O Perú), procesa distintos produtos de mar, tanto surimi como cefalópodos (lura ou potón) e outras especies como, peixe rei do Mediterráneo ou xarda. A súa capacidade de produción anual é de 5.000 t.

Elaborados

CENTRO INDUSTRIAL PORRIÑO

Situado na provincia de Pontevedra, conta con capacidade de produción de 30 000 t anuais de produtos prefritos de peixe e cefalópodos, empanados e rebozados, ultraconxelados.

Surimi

CENTRO INDUSTRIAL CHAPELA

Situado en Redondela (Pontevedra, España), conta cunha capacidade produtiva de 19 000 t anuais e está especializado na elaboración de produtos de surimi, tanto conxelado como refrixerado. Destaca pola súa capacidade de innovación, así como por ser unha fábrica na que se garante que os produtos están exentos de glute.