Ética, integridade e cumprimento normativo
No Grupo Nueva Pescanova comprometémonos a velar por un comportamento ético, íntegro, responsable e transparente, tanto da compañía como de todos os nosos profesionais no desenvolvemento da súa actividade diaria. Para iso dotámonos dun Sistema Normativo de Goberno Corporativo e Cumprimento, integrado polo noso código ético, polas Normas de goberno dos órganos sociais e doutros comités internos, as políticas corporativas, as políticas e as normas internas.
Na cúspide deste sistema normativo está o noso código ético: o conxunto de principios de actuación e normas de conduta encamiñados a garantir que o noso comportamento corporativo e profesional está aliñado coa devandita cultura de cumprimento.
Nas relacións cos nosos principais grupos de interese destaca a nosa carta ética e social do provedor, que recolle o conxunto de principios de actuación profesional e normas de conduta empresarial que lles esiximos aos nosos provedores, entre os que destacan o compromiso cos dereitos humanos e laborais, a exemplaridade no cumprimento da legalidade, a honestidade e integridade, a transparencia, a sustentabilidade e a calidade e seguridade alimentaria. O Grupo Nueva Pescanova pon ao dispor dos provedores a canle ética do provedor (canal.etico.proveedor@nuevapescanova.com) a través do cal poderán realizar consultas ou expor posibles non conformidades ou incumprimentos da nosa carta.
Outro elemento esencial deste sistema normativo é a nosa política corporativa de prevención de riscos penais na que se conteñen o conxunto de normas de conduta para a prevención de delitos que debemos seguir todos os profesionais do Grupo Nueva Pescanova en calquera lugar do mundo, constituíndo así a norma marco, xunto co noso código ético, dos programas de prevención de riscos penais das sociedades españolas e/ou estranxeiras do Grupo Nueva Pescanova.
Dentro do noso sistema normativo interno destaca igualmente o código anticorrupción do Grupo Nueva Pescanova, configurado como unha guía monotemática sistemática e eminentemente práctica que sirva a todos os profesionais do Grupo a unha mellor identificación, avaliación, análise e xestión das situacións ou prácticas corruptas (ou potencialmente corruptas) que se puidesen presentar no desempeño do seu traballo e nos negocios en xeral.
A Unidade de Cumprimento é o órgano colexiado de carácter interno e permanente, dotado de autonomía e independencia de actuación, designado polo Consello de Administración do Grupo, que ten encomendada, entre outras funcións, a de velar polo efectivo respecto e cumprimento das nosas normas éticas, de integridade e cumprimento normativo (Compliance).
A Unidade de Cumprimento é o órgano que tramita e resolve as comunicacións que se reciben a través do noso CANAL DE CUMPRIMENTO, cuxas condicións de uso, normas de funcionamento, principios informadores e regras de procedemento encóntranse reguladas no Regulamento do Canal de Cumprimento e na Política de Privacidade de WhistleB® do Grupo Nueva Pescanova. A través deste Canal, calquera persoa física, sexa ou non profesional do Grupo e dende calquera lugar do mundo, pode expor de modo transparente e confidencial, incluso de forma anónima, Consultas ou Denuncias en materia de Compliance. Podes acceder á ferramenta tecnolóxica WhistleB® do Canal de Cumprimento do Grupo Nueva Pescanova facendo clic AQUÍ. En caso de imposibilidade para facer uso de WhistleB®, pódense presentar Consultas ou Denuncias ante o Director da Unidade de Cumprimento escribindo un email a canal.cumplimiento@nuevapescanova.com, enviando unha carta á súa atención á dirección postal Rúa José Fernández López s/n, CP 36320, Chapela-Redondela (Pontevedra, España) ou chamando ao número de teléfono +34 986 818 100 solicitando porse en contacto con el. Estas comunicacións directas co Director da Unidade quedan igualmente suxeitas ao Regulamento do Canal de Cumprimento.
