Programa de Actuación Responsable

O Programa de Actuación Responsable (PAR) do Grupo Nueva Pescanova é a ferramenta que articula e visibiliza o noso compromiso co desenvolvemento sostible e cunha xestión baseada na transparencia e na creación de valor compartido.

Nacido do Plan Director de RSE, dos seus catro piares —Planeta, Persoas, Produto e Comunidades— e das Políticas Corporativas de RSE e Sostibilidade, o PAR ten como obxectivo principal identificar, medir e orientar a actuación responsable do Grupo, así como avaliar a súa contribución ao desenvolvemento sostible.

A través dunha metodoloxía sistemática de documentación e análise, o programa permite cuantificar a achega das nosas accións ás metas específicas dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030. O PAR consolida a integración da sostibilidade en todas as áreas do negocio e reafirma a nosa visión de actuar de forma responsable en todos os países onde operamos.

Para saber máis, podes consultar a Actuación Responsable do Grupo Nueva Pescanova en 2025, así como os informes correspondentes a 2022-2023, 2021-2022, 2020 e 2019.

planetaplaneta_on
personas-off-galpersonas-on-gal
producto-on-galproducto-off_gal
comunidadescomunidades-on