Ética, integridade e cumprimento normativo

No Grupo Nueva Pescanova comprometémonos a velar por un comportamento ético, íntegro, responsable e transparente, de todas as compañías do Grupo e dos seus empregados. Por iso dotámonos dun Sistema Normativo de Goberno Corporativo e Cumprimento, integrado polo Noso Código Ético e outras normas internas.

A guía principal de actuación é o Noso Código Ético, que contén as regras de actuación da empresa e dos seus empregados e colaboradores. Todos os nosos empregados e órganos de dirección asumen e comprométense co Noso Código Ético.

Estes compromisos tamén están reflectidos na Carta Ética e Social do Provedor, que recolle os principios e normas de conduta empresarial que esiximos aos nosos provedores, entre os que destacan o compromiso cos dereitos humanos e laborais, o cumprimento da legalidade, a honestidade e integridade, a transparencia, a sostibilidade, a calidade e a seguridade alimentaria.

Dentro do noso Sistema Normativo Interno destacan igualmente:

A Unidade de Cumprimento é un órgano colexiado de carácter interno e permanente, dotado de autonomía e independencia de actuación, con reporte directo ó Consello de Administración do Grupo e que ten encomendadas, entre outras función, a de velar polo efectivo respecto e cumprimento das nosas normas éticas, de integridade e cumprimento normativo (Compliance).

A Unidade de Cumprimento é o órgano que tramita e resolve as comunicacións que se reciben a través do noso CANLE DE DENUNCIAS, cuxas condicións de uso, normas de funcionamento, principios informadores e regras de procedimento atópanse reguladas no Regulamento do Canle de Denuncias e na Política de Privacidade de WhistleB® do Grupo Nueva Pescanova.

 ACCEDE AQUÍ AO NOSO CANLE DE DENUNCIAS.

 No caso de imposibilidade para facer uso de WhistleB®, tamén é posible presentar Consultas ou Denuncias ante o Director da Unidade de Cumprimento, como responsable do noso Sistema Interno de Información:

  •  Escribindo un correo electrónico a canal.cumplimiento@nuevapescanova.com.
  • Por correo, á atención do Director da Unidade de Cumprimento á dirección postal Rúa José Fernández López s/n, CP 36320, Chapela-Redondela (Pontevedra, España).

 As denuncias trataranse de forma reservada, protexendo en todo caso ao denunciante nos termos previstos na Lei 2/2023, de 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción.

 Salvo nos casos excepcionais previstos na Lei (requirimento xudicial, por exemplo), en ningún caso revelarase a identidade do denunciante a ningunha persoa ou entidade.