Programa de Actuación Responsable

Partindo do Plan director de RSC, os seus 4 piares e as Políticas Corporativas de RSC e de Sustentabilidade, desenvolvemos o Programa de Actuación Responsable (PAR), cuxo obxectivo principal é identificar, medir e dirixir a actuación responsable do Grupo, así como coñecer a contribución desta ao desenvolvemento sostible.

O PAR documenta o labor das empresas do Grupo na xeración de valor compartido cos seus grupos de interese. Mediante a actuación responsable, no Grupo Nueva Pescanova contribuímos á sustentabilidade social, económica e ambiental da nosa contorna nos países e comunidades onde estamos presentes.

O PAR é unha ferramenta dinámica en constante evolución. Na súa primeira edición, no ano 2018 o PAR, tivo un alcance de 4 países (Ecuador, Guatemala, Namibia e Nicaragua), o cal significou un alcance do 66% dos empregados. No ano 2019 o alcance chegou 95% dos empregados ao incorporar Arxentina, España, Mozambique e Perú e finalmente no ano 2020, na súa terceira edición, ampliamos o alcance ao 100% dos empregados do Grupo coa incorporación de Angola, Brasil, EE. UU., Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Portugal e Sudáfrica. Este alcance mantense nas seguintes edicións do PAR.

Atendendo aos resultados da análise de materialidade na edición 2020-21 creáronse as plataformas de actuación definidas como a agrupación dun conxunto de accións responsables ao redor dunha mesma temática e cun alcance equivalente ás cales se lles asigna as accións responsables. No ano 2020 definíronse un total de 12 plataformas, 5 de temática ambiental, 6 de temática social e 1 en calidade e seguridade alimentaria. As plataformas poden variar ante un contexto cambiante (ver o informe de Análise de Materialidade 2021 do Grupo Nueva Pescanova).

 PLATAFORMAS AMBIENTAIS:

  • Sustentabilidade :

A actuación responsable evidénciase a través do Programa “Pescanova Blue” nas áreas de abastecemento sostible, responsabilidade laboral, operacións responsables, comunidades máis prósperas e comportamento ético e íntegro aliñado coas nosas obrigacións e obxectivos de cumprimento normativo en todas as actividades do Grupo, pesca, acuicultura, transformación e comercial.

  • Enerxía: 

A actuación responsable evidénciase a través da mellora da eficiencia enerxética, a transición cara a enerxías verdes e a redución e compensación de emisións.

  • Auga:

A actuación responsable evidénciase mediante accións de optimización do consumo de auga, a utilización de auga procedente de fontes alternativas e a xestión responsable das verteduras.

  • Materiais:

Destacamos a actuación responsable na optimización do consumo de materiais, a sustentabilidade da embalaxe, a valorización de subprodutos e a redución dos residuos asegurando a súa correcta xestión.

  • Biodiversidade:

Levamos accións responsables que contribúen á protección e conservación da biodiversidade alí onde estamos presentes.

PLATAFORMAS SOCIAIS:

  • Prevención de Riscos Laborais:

A actuación responsable nesta plataforma evidénciase mediante accións na prevención de riscos laborais e programas de saúde e benestar.

  • Relacións Laborais:

A actuación responsable evidénciase mediante accións que contribúen a unhas relacións laborais responsables e transparentes.

  • Igualdade e Diversidade:

A actuación responsable nesta plataforma evidénciase a través de accións que contribúen ao aseguramento da igualdade e diversidade dos empregados do Grupo.

  • Formación e Talento:

Os programas de acción responsable contribúen á formación dos empregados, así como á captación e xestión do talento.

  • Acción social e axuda humanitaria:

Levamos accións orientadas á creación de emprego nas comunidades onde o Grupo está presente contribuíndo á mellora da calidade de vida, accións de transferencia de coñecemento ás comunidades locais e accións de coidado da contorna natural. O Grupo Nova Pescanova tamén conta cun programa de doazóns para mellorar a vida, saúde e benestar dos grupos máis vulnerables, e especialmente aqueles que son vítimas de catástrofes causadas por desastres naturais ou outros.

  • Calidade e Seguridade alimentaria (Quality Excellence):

As accións responsables nesta plataforma contribúen a garantir a calidade e seguridade alimentaria dos nosos produtos, certificando as instalacións e procesos de elaboración polos estándares pertinentes, comunicando de forma clara e transparente nos nosos produtos.

Para saber máis, podes consultar AQUÍ a actuación responsable do Grupo Nueva Pescanova en 2021-22. Tamén podes acceder aos informes de 20202019.

O PAR permitiu coñecer como a actuación responsable do Grupo contribúe aos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 da Organización de Nacións Unidas.  Destacamos que por número de accións a contribución aos ODS 8, 9 e 12 (ver Informe de Contribución ao Desenvolvemento Sostible 2021-22 do Grupo Nueva Pescanova).

Así mesmo, podes consultar como cada empresa do Grupo, a través da súa actuación responsable, contribúe ao desenvolvemento sostible picando no país correspondente no seguinte mapamundi e accedendo ao Informe de Actuación Responsable e Contribución ao Desenvolvemento Sostible.

personas-off-galpersonas-on-gal
producto-on-galproducto-off_gal