Ética, integridade e cumprimento normativo

No Grupo Nueva Pescanova comprometémonos a velar por un comportamento ético, íntegro, responsable e transparente, tanto da compañía como de todos os nosos profesionais no desenvolvemento da súa actividade diaria. Para iso dotámonos dun Sistema Normativo de Goberno Corporativo e Cumprimento, integrado polo noso código ético, polas Normas de goberno dos órganos sociais e doutros comités internos, as políticas corporativas, as políticas e as normas internas.

Na cúspide deste sistema normativo está o noso código ético: o conxunto de principios de actuación e normas de conduta encamiñados a garantir que o noso comportamento corporativo e profesional está aliñado coa devandita cultura de cumprimento.

Nas relacións cos nosos principais grupos de interese destaca a nosa carta ética e social do provedor, que recolle o conxunto de principios de actuación profesional e normas de conduta empresarial que lles esiximos aos nosos provedores, entre os que destacan o compromiso cos dereitos humanos e laborais, a exemplaridade no cumprimento da legalidade, a honestidade e integridade, a transparencia, a sustentabilidade e a calidade e seguridade alimentaria. O Grupo Nueva Pescanova pon ao dispor dos provedores a canle ética do provedor (canal.etico.proveedor@nuevapescanova.com) a través do cal poderán realizar consultas ou expor posibles non conformidades ou incumprimentos da nosa carta.

Outro elemento esencial deste sistema normativo é a nosa política corporativa de prevención de riscos penais na que se conteñen o conxunto de normas de conduta para a prevención de delitos que debemos seguir todos os profesionais do Grupo Nueva Pescanova en calquera lugar do mundo, constituíndo así a norma marco, xunto co noso código ético, dos programas de prevención de riscos penais das sociedades españolas e/ou estranxeiras do Grupo Nueva Pescanova.

Dentro do noso sistema normativo interno destaca igualmente o código anticorrupción do Grupo Nueva Pescanova, configurado como unha guía monotemática sistemática e eminentemente práctica que sirva a todos os profesionais do Grupo a unha mellor identificación, avaliación, análise e xestión das situacións ou prácticas corruptas (ou potencialmente corruptas) que se puidesen presentar no desempeño do seu traballo e nos negocios en xeral.

Para garantir o coñecemento e cumprimento do noso código ético e do resto de normas que integran este Sistema Normativo contamos coa Unidade de Cumprimento, que informa e asesora os empregados do Grupo para que coñezan ben as pautas e traballen fieis a elas. Así mesmo, a través da Canle de Cumprimento (canal.cumplimiento@nuevapescanova.com) xestionado pola nosa unidade, calquera profesional do Grupo pode realizar calquera consulta na devandita materia ou reportar posibles non conformidades ou incumprimentos do noso Sistema Normativo.