Materialidade

Relacións cos nosos grupos de interese

A Política Corporativa de Relacións Institucionais do Grupo Nueva Pescanova ten como obxectivo establecer e desenvolver un marco de Relacións Institucionais cos nosos grupos de interese baseado na colaboración, a transparencia, a implicación e a comunicación bidireccional capaz de construír relacións de confianza de forma continuada. Estas relacións baséanse en sólidos principios de ética empresarial e integridade institucional, igualdade de trato, non discriminación e escoita activa, que permiten ter en conta os lexítimos intereses e expectativas dos colectivos, para informar de forma eficaz sobre as actividades e negocios do Grupo Nueva Pescanova.

Partindo destes principios, deseñamos o noso plan de Xestión das Relacións cos Grupos de Interese, recoñecendo que é unha cuestión esencial para pautar, entre outras, as nosas estratexias de materialidade e transparencia, axudándonos a asegurar un modelo de negocio responsable e sustentable.

Queremos seguir promovendo a implicación dos nosos grupos de interese na creación de valor compartido polas empresas do Grupo Nueva Pescanova, en resposta aos seus lexítimos intereses e expectativas, para xerar confianza e consolidar a reputación corporativa do Grupo, así como para reforzar a implicación coas comunidades nas que estamos presentes, promovendo o seu desenvolvemento sustentable.

 

Análise de materialidade

A materialidade é un concepto fundamental na xestión empresarial, xa que permite ás organizacións identificar os aspectos máis relevantes, aqueles que requiren unha adecuada priorización e unha xestión activa: os asuntos materiais.

No contexto normativo actual do reporte corporativo, o concepto de dobre materialidade adquiriu unha relevancia crecente. Este enfoque analiza, por unha banda, como os riscos e oportunidades relacionados coa sustentabilidade —no seu sentido máis amplo— poden influír de maneira significativa na creación de valor do negocio e, por outra, como a actividade da compañía impacta na sociedade e no medio ambiente. Adoptar unha perspectiva de dobre materialidade permite obter unha visión máis completa e rigorosa do noso desempeño, apoiando a toma de decisións estratéxicas aliñadas tanto coa normativa vixente como coas expectativas dos nosos grupos de interese.

Como parte da nosa Avaliación de Dobre Materialidade, identificamos e avaliamos de maneira sistemática os impactos reais e potenciais das nosas actividades sobre o contorno e a sociedade, así como os riscos e oportunidades relacionados coa sustentabilidade que poden afectar ao noso negocio. A aplicación deste marco ao longo das nosas operacións e de toda a cadea de valor permitiunos desenvolver unha matriz de dobre materialidade, priorizando os principais Impactos, Riscos e Oportunidades (IROs) e establecendo unha base sólida para o seu seguimento continuo e a súa integración na estratexia corporativa.

A nosa análise pon de manifesto que os ámbitos de sustentabilidade máis relevantes desde unha perspectiva estratéxica inclúen E1 (Cambio Climático), E3 (Recursos Hídricos e Mariños), E4 (Biodiversidade e Ecosistemas), S1 (Cadro de Persoal Próprio) e S4 (Consumidores e Usuarios Finais). Estes subtemas constitúen áreas prioritarias para a compañía e orientan os nosos esforzos para xestionar os riscos, aproveitar as oportunidades, mitigar os impactos negativos e potenciar os positivos.

Para coñecer en detalle os resultados deste proceso, convidámoste a descargar o Informe de Dobre Materialidade 2025 do Grupo Nueva Pescanova (en castelán).

Tamén podes consultar as análises de materialidade de 2023, 2021 e 2019.

 

Matriz de Dobre Materialidade 20205 do Grupo Nueva Pescanova:

planetaplaneta_on
personas-off-galpersonas-on-gal
producto-on-galproducto-off_gal
comunidadescomunidades-on