Programa de transparencia en sustentabilidade

Co Programa de Transparencia en Sustentabilidade demostramos o noso compromiso permanente coa transparencia no desempeño de todas as empresas do Grupo Nueva Pescanova, en todas as súas operacións e xeografías, así como nas cadeas de valor asociadas.

Queremos poñer en valor e comunicar as evidencias de sustentabilidade dos procesos característicos da nosa actividade, en particular a subministración sostible, as operacións responsables, a responsabilidade laboral e a contribución ao desenvolvemento sostible das comunidades nas que estamos presentes, dun xeito claro, cumprindo co principio de actuación ética, integridade e cumprimento normativo.

Incluiremos, en concreto, o informe periódico de resultados e indicadores de rendemento no ámbito da sustentabilidade ambiental das nosas actividades pesqueiras, acuícolas e industriais, podendo integrar tamén aspectos laborais e sociais transversais.

 

Obxectivos de sustentabilidade

Descarga o Informe de Progreso dos Obxectivos de Sustentabilidade 2023 AQUÍ

É posible consultar as edicións anteriores aquí: informes de 2022 e 2021 (en castelán).

Con esta información pretendemos comunicar a todos os nosos grupos de interese os avances no cumprimento dos obxectivos de sustentabilidade marcados polo Comité Executivo de Nueva Pescanova S.L. en maio de 2021. Estes obxectivos están intimamente ligados aos principios de sustentabilidade definidos na nosa Política de Sustentabilidade Corporativa.

Queremos que a comunicación sobre o avance cara aos nosos obxectivos de sustentabilidade, en concreto, sexa transparente, pública e responsable, cumprindo tamén co noso compromiso de “rendición de contas” asumido nas distintas políticas corporativas e sectoriais desenvolvidas para as áreas de negocio e temáticas aquí descritas, co fin de proporcionar información relevante aos nosos grupos de interese para os seus procesos de toma de decisións.

Información sobre Impactos Ambientais

Aliñados co noso compromiso de transparencia e a rendición de contas ante as partes interesadas, avaliamos e comunicamos no informe sobre Divulgación de Impactos Ambientais do Grupo Nueva Pescanova (en castelán) os posibles impactos que as nosas operacións poden xerar sobre a natureza, incluída a biodiversidade, a nosa dependencia dos servizos ecosistémicos, ou as contribucións da natureza ás persoas, tanto dentro das nosas propias operacións como na nosa cadea de valor.

Os impactos ambientais fan referencia aos cambios no estado do “sistema ambiente”, ou na súa condición física, química ou biolóxica, que afectan ao benestar humano e ao funcionamento dos sistemas antropoxénicos. O impacto pode ser ecolóxico, socioeconómico ou unha combinación de ambos, o que pode representar a perda de servizos ecosistémicos e medirse en termos de danos ao medio ambiente, á saúde humana ou á economía.

planetaplaneta_on
personas-off-galpersonas-on-gal
producto-on-galproducto-off_gal
comunidadescomunidades-on