Responsabilidade Social Corporativa

Comprometidos co que importa

En Grupo Nueva Pescanova estamos comprometidos coa sustentabilidade dos recursos naturais e das comunidades nas que estamos presentes, actuando de forma ética, mantendo a súa confianza e creando valor.

O respecto polo Planeta e as Comunidades nas que estamos presentes, polas Persoas que integran o Grupo Nueva Pescanova e o compromiso cos mercados a través dos nosos Produtos son os piares que conforman a nosa estratexia de Responsabilidade Social Corporativa.

Como membros participantes do Pacto Mundial da ONU a través da súa Rede Española, facemos parte dos seus principios na estratexia, cultura e accións diarias do noso Grupo. Tamén participamos en proxectos cooperativos que contribúen aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 das Nacións Unidas.

personas-off-galpersonas-on-gal
producto-on-galproducto-off_gal

O NOSO COMPROMISO CO PLANETA

A xestión sustentable dos recursos naturais e o respecto aos ecosistemas e ao medio ambiente, co fin de asegurar a súa dispoñibilidade e calidade para as xeracións futuras, garante o éxito operacional e o futuro do noso Grupo.

SABER MÁIS

COMPROMISO COAS NOSAS PERSOAS

O respecto á diversidade, a seguridade, o crecemento profesional e o orgullo de sentirse parte do Grupo son bases para o noso éxito e o mantemento de relacións de confianza con provedores, clientes, consumidores e comunidades.

SABER MÁIS

COMPROMISO CO NOSO PRODUTO

Facilitando o acceso aos mercados de produtos do mar, nutritivos, saudables, saborosos e innovadores, elaborados de maneira responsable.

SABER MÁIS

COMPROMISO COAS COMUNIDADES

Conscientes do valor dos produtos do mar, esforzámonos para o desenvolvemento de comunidades máis prosperas xerando riqueza, oportunidades de traballo e formación alí onde estamos presentes.

SABER MÁIS